1. Cada unha das posibilidades diversas de facer unha cousa, de interpretala, de actuar, de ser 2. Forma máis conveniente ou idónea de facer algo 3. Conxunto de características externas que definen a particularidade de unha cousa ou persoa e permiten diferenciala doutras ou de si mesma noutros momentos 4. Conxunto de condicións innatas ou adquiridas que permiten realizar certa actividade con éxito 5. Maneira óptima de realizar unha actividade que require certos dotes 6. Forma natural en que está disposta unha cousa 7. Posición, sentido, etc. en que se coloca algo 8. Coidado, precaución 9. Arte de pesca que consiste nunha rede longa que se estende e se deixa durante horas para que a sardiña que se despraza co cambio da marea malle nela